E AQUÍ VAN O RESTO DAS FOTOS. NESTE CASO OS AGRADECEMENTOS VAN PARA MARÍA E PAZ SANTISO ANDRADE DO VIDEO CLUB "HOLLYWOOD" DA CORUÑA POLA CESIÓN DAS FOTOS DOS ACTORES E ACTRICES. E AGRADECER TAMÉN A TODOS OS MESTRES E MESTRAS DO COLEXIO, ÁS FAMILIAS E A TODOS AQUELES QUE APORTARON MATERIAIS PARA ESTA EXPOSICIÓN. GRAZAS DE CORAZÓN!!
25/10/08
FOTOS, LIBROS, PELIS E DEMÁIS
Publicado por
Biblioteca CEIP Campomaior. Ordes
en
23:23
0
comentarios
OS NOSOS CARTEIS... DE CINE
XA ESTÁ LISTA A NOSA EXPOSICIÓN. AQUÍ VEDES OS CARTEIS DAS PELÍCULAS. TEMOS QUE AGRADECER A "YELMO CINEPLEX" DA CORUÑA E AO CENTRO GALEGO DAS ARTES DA IMAXE (CGAI) POLO EMPRÉSTITO DOS MESMOS. ASÍ QUE XA SABEDES... HAI QUE COIDALOS!!
Publicado por
Biblioteca CEIP Campomaior. Ordes
en
23:06
0
comentarios
10/10/08
DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
Na entrada do colexio teredes a oportunidade de ver todo tipo de libros, cómics e novelas que foron adaptadas ao cine. Haberá tamén fotos de actores, revistas e carteis de películas moi coñecidas.
Esperamos que vos guste e que a disfrutedes.
Publicado por
Biblioteca CEIP Campomaior. Ordes
en
15:37
0
comentarios
5/6/08
CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS
Durante a semana do 11 ó 16 de maio, o ENDL e o Equipo de Biblioteca organizaron varias actividades para celebrar a Semana das Letras Galegas. Aquí recollemos algunhas fotos de cada unha delas.
Abraham Carreiro ensinounos como ilustra os seus libros:
Marisa Irimia fíxonos desfrutar contándonos contos
Os profes e as mamás tamén se animaron a contar, e contar...
e para rematar... unha sesión máxica co...¡MAGO RAFA! lembrádesvos?
Publicado por
Biblioteca CEIP Campomaior. Ordes
en
11:51
0
comentarios
28/5/08
AGRADECEMENTO DE LILIANA E BETTY DA ONG MESTURA
Moito ANIMO! pensamos que este é o camiño."
Liliana e Betty. Monitoras de Mestura.
Publicado por
Biblioteca CEIP Campomaior. Ordes
en
15:53
0
comentarios
Etiquetas: INTERCULTURALIDADE
15/5/08
¿SOMOS DIFERENTES?
Ola, amigos!
Agora iremos vendo como fomos desenvolvendo cada unha delas:
Ó mesmo tempo fomos elaborando o "Libro viaxeiro" no que cada aula representou o máis salientable do país que estaba a traballar.
E durante 6 semanas todos participamos no "concurso cultural". Así aprendimos a buscar información e a descubrir datos importantes doutros países e culturas.

Liliana e Betty (pertencentes á ONG MESTURA) contáronnos e ensináronnos contos e xogos do mundo. Nas fotos seguintes veredes como disfrutamos escoitando "Hombre de color", facendo "voladeras" (xogo típico de Arxentina) e xogando a xogos como ivanka (xogo popular ruso), estatuas de sal (de Uruguai), o indio (de Venezuela), Sebajá Layur (de Marrocos, rei dos mundos (de Colombia) e alerta (de Brasil).
Do 21 ó 30 de abril tivemos no cole varias exposicións:
DE TRAXES TÍPICOS DE CADA PAÍS: Aportados polo bailarín Juanjo Liñares coa colaboración do Concello de Ordes (estes traxes, xunto con 700 máis, formarán parte do futuro Museo que o Concello está a preparar no Campo da Feira do pobo). Tamén contamos coa colaboración de Vilma Cóndor, veciña peruana que aportou traxes e produtos da súa propiedade.
A continuación podedes ver dúas fotos: unha da exposición sola e outra da exposición cos nen@s estranxeir@s do cole. Ademáis tedes unha pequena presentación dos traxes un a un.

DE PRODUTOS: A maioría mercados polo equipo de biblioteca, mais tamén con aportación de varias familias (Vilma Cóndor, Laura Alaimo, Coty, Saray)e profes do centro (Marta Costa, Pilar Sánchez)
DE LIBROS: de aventuras, consulta, cociña, revistas...

Manolo, o noso profe de música (coa colaboración de Alfonso Guerra)escolleu e recopilou nun CD unha obra musical representativa de cada país traballado. Escoitando estas pezas, entrabamos, saiamos e cambiabamos de actividade no centro durante o tempo que duraron as exposicións.
Elaboramos invitacións para toda a comunidade educativa, centros de ensino do concello, representantes do concello... e...¡que sorpresa! visitounos o alcalde (Manuel Regos), acompañado da teniente alcalde e algúns concellais, a prensa e ¡ata a TVG!.
GRAZAS A TODOS/AS POR ACOMPAÑARNOS NESTA VIAXE!
Publicado por
Biblioteca CEIP Campomaior. Ordes
en
16:56
2
comentarios
15/2/08
POEMAS DE 4º B
As nenas e nenos de 4º B escribiron varios poemas polo día dos namorados. Se os queredes ler, atoparédelos no "Club de escritura"
Publicado por
Biblioteca CEIP Campomaior. Ordes
en
20:13
1 comentarios
13/2/08
14 DE FEBREIRO: "DÍA DOS NAMORADOS"
¿Sabeis, niños, que los animalitos también se enamoran y tienen sentimientos muy muy fuertes en sus corazoncitos?
Para que lo comprobeis, ahí os dejo una poesía que habla de lo que ocurrió entre dos de ellos. Espero que os guste.
Valentina y Florentino
Después de un largo vuelo,
el canario Florentino
se paró a descansar
en las ramas de un olivo.
- Catacroá, croá, croá-.
Una suave y dulce voz
le llegó a sus oídos,
cautivó su corazón.
Sin pensarlo respondió:
- Pío, pío, piripipí-.
Sus patitas le temblaban
- ¿Se fijará en mí?-.
Allá abajo en la charca,
Valentina lo escuchó
y con cierto disimulo
hacia arriba miró.
Al saberse observado
Florentino se alteró,
no sabía lo que hacer...
¡Son las cosas del amor!
Croá, croá, Valentina
Florentino, pío, pí,
traducido a nuestro idioma
Yo te quiero y tú a mí.
Si bonito es el amor
entre caballero y dama,
más tierno aún lo es
entre canario y rana.
Un saúdo de Escriman, un bo amigo escritor de Leo.
Publicado por
Biblioteca CEIP Campomaior. Ordes
en
22:50
0
comentarios
6/2/08
ANTROIDO "INTERCULTURAL"
Como podedes ver na seguinte presentación, cos disfraces de antroido deste ano comezan as actividades do proxecto sobre a interculturalidade da biblioteca: "¿Somos diferentes?".
Se mirades ben, atoparedes exipcios/as, mexicanos/as, chinos/as, esquimós, indios/as e vaqueiros/as, zíngaras, hawainas/os, árabes... todas e todos disfrutando por igual.
Publicado por
Biblioteca CEIP Campomaior. Ordes
en
14:48
2
comentarios
30/1/08
30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ
Hoxe celebramos o Día da Paz. Adornamos a entrada co mural realizado polas profes e nenas/os de educación infantil, titulado "Un mundo de igualdade" no que se reflicte a interculturalidade tan presente no noso cole:
Xuntámonos todos no patio cuberto. Algunhas nenas e nenos de educación infantil recitáronnos esta poesía:
Non importa a nosa cor,
a nosa raza ou relixión.
Imos xuntar as mans
e a cantar unha canción.
Déixame que eu te mire
só co corazón,
para os ollos dos nenos
a bandeira é o AMOR.
Quero sentarme ó teu lado,
quero xogar ó balón.
Falamos na mesma língua
se estamos xuntos os dous.
Mans brancas, pel marrón,
compartindo unha ilusión:
todos moi xuntos
na mesma nación.
contarei ata tres,
cando os abra
que atoparei?
cun sol brillando,
xardíns con flores
e paxaros voando.
contarei ata tres,
cando os abra
¿que atoparei?
e nenos xogando
camiños coidados
con xente paseando.
contarei ata tres,
cando os abra
¿que atoparei?
convivindo en PAZ
nun mundo cheo
de AMOR e "AMISTAD".

e despois nos distintos idiomas dos alumnos e alumnas estranxeiros do colexio:
"Debemos camiñar todos xuntos cara a PAZ ou non a atoparemos".


E xa para rematar, todos xuntos cantamos a canción "Unha man amig0":
Abre as portas, Quero entrar.
Traio a alma e o corpo fríos.
Noite pecha comigo vai.
Cansa a alma e o corpo frío
Leito e lume veño buscar.
Abre as portas da casa, amigo.
Abre as portas quero entrar.
Neve mesta o vento fende.
Carambelo as vagaos se fan.
Lobos mouros de brancos dentes,
Sempre máis cerca sinto ouvear.
Non me deixes soio na noite,
Non me deixes mudo o cantar.
Berra ti, que o teu canto escoite
Dáme forzas no meu fraquear.
Logo, a alba, partirei cedo,
E esta noite non hei sembrar.
Dáme a man que hoxe teño medo,
Dáme a man e déixame entrar.
Publicado por
Biblioteca CEIP Campomaior. Ordes
en
17:11
3
comentarios
24/1/08
FESTIVAL NADAL
Tal e como estades pedindo últimamente, aquí tedes algunhas fotos do festival de nadal. Leo.
Publicado por
Biblioteca CEIP Campomaior. Ordes
en
19:17
0
comentarios