Como todos os anos por estas datas adornamos a entrada do cole cun mural relacionado co Nadal. Desta vez os/as encargados/as foron os integrantes do primeiro ciclo de primaria, tanto profes como alumnos/as. E xa que estamos fomentando a reciclaxe aquí queda unha breve mostra das nosas habilidades coas mazorcas de millo...
12/12/07
FELICES FESTAS!!! CHEGA O NADAL
Publicado por
Biblioteca CEIP Campomaior. Ordes
en
16:23
1 comentarios
CLUB DE ESCRITURA
Mirade, mirade... as nenas e nenos de 4º B estanse a converter nuns grandes escritores!
Publicado por
Biblioteca CEIP Campomaior. Ordes
en
16:17
1 comentarios
3/12/07
PRIMEIROS ESCRITOS
As rapazas e rapaces de 4ºB xa se animaron a escribirlle a Leo. Desta vez fixéronnos uns autorretratos. Podedes lelos no Club de escritura.
Publicado por
Biblioteca CEIP Campomaior. Ordes
en
17:40
0
comentarios
25/11/07
25 de novembro: Nós tamén dicimos ¡BASTA!
Neste día no que se celebra o Día Internacional da Non violencia contra as mulleres, queremos reflexionar sobre iso. E un xeito de facelo é a través dos contos, que nos contan historias de cada día, nas que se emprega a violencia contra as mulleres dunha maneira cotiá, moitas veces sen nos decatar.
Gustaríanos non ter que celebrar un día coma este.
Gustaríanos que nenos e nenas se relacionasen sen que a diferenza de sexo marcara nada importante.
Gustaríanos que homes e mulleres falaran, falaran e falaran para resolver os seus desencontros, como lles obrigamos a facer na escola aos nenos e ás nenas.
Gustaríanos que cada quen soubese onde rematan os seus dereitos e onde comezan os da persoa que ten á súa beira.
Gustaríanos que ninguén usase a súa forza nin física, nin laboral, nin económica… contra as mulleres para conseguir os seus propósitos.
Gustaríanos que no vindeiro 25 de novembro homes e mulleres atopasen o entendemento e non ter que chorar máis vítimas.
Gustaríanos que os contos se fixesen realidade.
Na nosa biblioteca podemos atopar: "O libro dos porcos" e "Rosa Caramelo".
O noso agradecemento ó CEIP Quintela - Moaña por compartir esta entrada con todos nós.
Publicado por
Biblioteca CEIP Campomaior. Ordes
en
22:12
0
comentarios
16/11/07
CONTACONTOS
O mércores pasado, 14 de novembro, tivemos connosco no colexio a Ana e Pablo que, cantando e contando, fixéronnos pasar un anaco ben divertido. Os nenos e nenas de educación infantil escoitamos ben atentos as historias de Nadarín, A toupiña, Oh!, ¿Queres xogar comigo? e Crocodilo. Pablo tamén nos ensinou como son e como soan o clarinete, a pandeireta e a pandeira e ademáis de acompañar coa música os contos que Ana nos ía contando, tocounos unha muiñeira típica de Ordes. A verdade é que nos soubo a pouco ... ¡queríamos máis contos e cancións!
Publicado por
Biblioteca CEIP Campomaior. Ordes
en
22:18
2
comentarios
HORA DE LER
A principios deste curso puxemos en marcha a "Hora de ler" na que participa todo o cole, dende 4º de infantil a 6º de primaria. Lemos todos os días de 12 a 12 e vinte da mañá. Algunhas veces facemos lectura individual silenciosa, outras veces lé a/o profe en voz alta para todos/as, outras veñen mamás ou papás... En cada aula vaise variando segundo conveña, mais, se vos fixades nas fotos, veredes que todas e todos, ben nos estén lendo, ben estemos lendo nós, estamos mooooooi concentrados e atentos. ¡Se ata lle imos coller gusto a esto da lectura!
Publicado por
Biblioteca CEIP Campomaior. Ordes
en
19:34
0
comentarios

