16/11/07

CONTACONTOS

O mércores pasado, 14 de novembro, tivemos connosco no colexio a Ana e Pablo que, cantando e contando, fixéronnos pasar un anaco ben divertido. Os nenos e nenas de educación infantil escoitamos ben atentos as historias de Nadarín, A toupiña, Oh!, ¿Queres xogar comigo? e Crocodilo. Pablo tamén nos ensinou como son e como soan o clarinete, a pandeireta e a pandeira e ademáis de acompañar coa música os contos que Ana nos ía contando, tocounos unha muiñeira típica de Ordes. A verdade é que nos soubo a pouco ... ¡queríamos máis contos e cancións!


2 comentarios:

Rosana Rodiles dijo...

Menudo blog!! Felicidades e moita sorte no voso comezo de blogueiros; que de actividades xa vemos que tedes para dar e tomar.
Noraboa e un bico moi grande de Chispa desde o CEIP de Pazos, en Ferrol. A biblioteca, moi chula.

O Segrel do Penedo dijo...

Benvidos á blogosfera.
Vaia que se celebrades as nosas tradicións!!
Parabéns.
Unha aperta dende Fene