28/5/08

AGRADECEMENTO DE LILIANA E BETTY DA ONG MESTURA

Liliana e Betty mandáronnos unha carta para publicar no blog. Aquí a tedes para todos vos:
"Dende a asociación Mestura, queremos agradecer a acollida que tivemos por parte de TODO o C.E.I.P. Campomaior. Dende o primeiro día que chegamos puidemos sentir e por suposto observar o enorme cariño co que se traballa dende alí. E un sentimento moi bonito ver a docencia en estado puro, esa mestura de vocación, interese, profesionalidade e ilusión. Pensamos que quizabes se mais persoas entenderan deste xeito tan fermoso o proceso que estamos a vivir no noso entorno, nas rúas, nas aulas... de aprendizaxe mutuo, e non como un problema, todo resultaría mais doado xa que este mundo intercultural é o que os nosos nenos e nenas teñen que redescubrir posto que é o mundo no que xa de feito estamos a vivir. ¿Non si?.
Grazas a todas e a todos por facer a nosa labor mais sinxela, foi altamente satisfactorio comprobar como os pequechos e pequechas descubrían historias como “Hombre de color” o “Kofú, o neno de chocolate”. Tamén rimos cos mais maiores xogando (que é o que todos os nenos e nenas deberían poder facer) a xogos de diferentes partes do mundo: Marrocos (gracias pola axuda na fonética), xogos de Arxentina..., e descubrimos que en realidade non somos tan diferentes.
Moito ANIMO! pensamos que este é o camiño."
Liliana e Betty. Monitoras de Mestura.

No hay comentarios: