5/6/08

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS

Durante a semana do 11 ó 16 de maio, o ENDL e o Equipo de Biblioteca organizaron varias actividades para celebrar a Semana das Letras Galegas. Aquí recollemos algunhas fotos de cada unha delas.

Abraham Carreiro ensinounos como ilustra os seus libros:



Marisa Irimia fíxonos desfrutar contándonos contos




Os profes e as mamás tamén se animaron a contar, e contar...




e para rematar... unha sesión máxica co...¡MAGO RAFA! lembrádesvos?

28/5/08

AGRADECEMENTO DE LILIANA E BETTY DA ONG MESTURA

Liliana e Betty mandáronnos unha carta para publicar no blog. Aquí a tedes para todos vos:
"Dende a asociación Mestura, queremos agradecer a acollida que tivemos por parte de TODO o C.E.I.P. Campomaior. Dende o primeiro día que chegamos puidemos sentir e por suposto observar o enorme cariño co que se traballa dende alí. E un sentimento moi bonito ver a docencia en estado puro, esa mestura de vocación, interese, profesionalidade e ilusión. Pensamos que quizabes se mais persoas entenderan deste xeito tan fermoso o proceso que estamos a vivir no noso entorno, nas rúas, nas aulas... de aprendizaxe mutuo, e non como un problema, todo resultaría mais doado xa que este mundo intercultural é o que os nosos nenos e nenas teñen que redescubrir posto que é o mundo no que xa de feito estamos a vivir. ¿Non si?.
Grazas a todas e a todos por facer a nosa labor mais sinxela, foi altamente satisfactorio comprobar como os pequechos e pequechas descubrían historias como “Hombre de color” o “Kofú, o neno de chocolate”. Tamén rimos cos mais maiores xogando (que é o que todos os nenos e nenas deberían poder facer) a xogos de diferentes partes do mundo: Marrocos (gracias pola axuda na fonética), xogos de Arxentina..., e descubrimos que en realidade non somos tan diferentes.
Moito ANIMO! pensamos que este é o camiño."
Liliana e Betty. Monitoras de Mestura.

15/5/08

¿SOMOS DIFERENTES?

Ola, amigos!

Aquí estou outra vez disposto a ensinarvos un pouquiño de todas esas actividades que fixemos dende xaneiro ata abril relacionadas co Proxecto sobre a Interculturalidade.

Comezaremos cunha pequena presentación do Proxecto que poderedes ver clicando aquí.

Agora iremos vendo como fomos desenvolvendo cada unha delas:

Primeiro colocamos un mapamundi na biblioteca e pegamos as fotos d@s compañeir@s que proceden doutros países, e...¡menuda sorpresa, contamos 32 compañeir@s inmigrantes! ¡e de nada menos que de 12 países diferentes: China, España, Portugal, Brasil, Rusia, Venezuela, Arxentina, Colombia, Perú, Uruguai, Suiza e Marrocos!¡uf, canto imos aprender!...






A continuación distribuimos os países polas aulas e en total elaboramos 12 libriños informativos, un por cada país traballado. Ides ver as portadas e algún detalle de cada un deles, mais, xa sabedes, se os queredes ver enteiros non tedes máis que pasar pola biblioteca, alí os tedes todos á vosa disposición.









Ó mesmo tempo fomos elaborando o "Libro viaxeiro" no que cada aula representou o máis salientable do país que estaba a traballar.




E durante 6 semanas todos participamos no "concurso cultural". Así aprendimos a buscar información e a descubrir datos importantes doutros países e culturas.





Liliana e Betty (pertencentes á ONG MESTURA) contáronnos e ensináronnos contos e xogos do mundo. Nas fotos seguintes veredes como disfrutamos escoitando "Hombre de color", facendo "voladeras" (xogo típico de Arxentina) e xogando a xogos como ivanka (xogo popular ruso), estatuas de sal (de Uruguai), o indio (de Venezuela), Sebajá Layur (de Marrocos, rei dos mundos (de Colombia) e alerta (de Brasil).





Do 21 ó 30 de abril tivemos no cole varias exposicións:

DE TRAXES TÍPICOS DE CADA PAÍS: Aportados polo bailarín Juanjo Liñares coa colaboración do Concello de Ordes (estes traxes, xunto con 700 máis, formarán parte do futuro Museo que o Concello está a preparar no Campo da Feira do pobo). Tamén contamos coa colaboración de Vilma Cóndor, veciña peruana que aportou traxes e produtos da súa propiedade.
A continuación podedes ver dúas fotos: unha da exposición sola e outra da exposición cos nen@s estranxeir@s do cole. Ademáis tedes unha pequena presentación dos traxes un a un.












DE PRODUTOS
: A maioría mercados polo equipo de biblioteca, mais tamén con aportación de varias familias (Vilma Cóndor, Laura Alaimo, Coty, Saray)e profes do centro (Marta Costa, Pilar Sánchez)





DE LIBROS: de aventuras, consulta, cociña, revistas...




Manolo, o noso profe de música (coa colaboración de Alfonso Guerra)escolleu e recopilou nun CD unha obra musical representativa de cada país traballado. Escoitando estas pezas, entrabamos, saiamos e cambiabamos de actividade no centro durante o tempo que duraron as exposicións.

Elaboramos invitacións para toda a comunidade educativa, centros de ensino do concello, representantes do concello... e...¡que sorpresa! visitounos o alcalde (Manuel Regos), acompañado da teniente alcalde e algúns concellais, a prensa e ¡ata a TVG!.

GRAZAS A TODOS/AS POR ACOMPAÑARNOS NESTA VIAXE!

15/2/08

POEMAS DE 4º B

As nenas e nenos de 4º B escribiron varios poemas polo día dos namorados. Se os queredes ler, atoparédelos no "Club de escritura"

13/2/08

14 DE FEBREIRO: "DÍA DOS NAMORADOS"

Hoy (14 de febrero) dicen que es un día especial para los enamorados.
¿Sabeis, niños, que los animalitos también se enamoran y tienen sentimientos muy muy fuertes en sus corazoncitos?
Para que lo comprobeis, ahí os dejo una poesía que habla de lo que ocurrió entre dos de ellos. Espero que os guste.

Valentina y Florentino

Después de un largo vuelo,
el canario Florentino
se paró a descansar
en las ramas de un olivo.

- Catacroá, croá, croá-.
Una suave y dulce voz
le llegó a sus oídos,
cautivó su corazón.

Sin pensarlo respondió:
- Pío, pío, piripipí-.
Sus patitas le temblaban
- ¿Se fijará en mí?-.

Allá abajo en la charca,
Valentina lo escuchó
y con cierto disimulo
hacia arriba miró.

Al saberse observado
Florentino se alteró,
no sabía lo que hacer...
¡Son las cosas del amor!

Croá, croá, Valentina
Florentino, pío, pí,
traducido a nuestro idioma
Yo te quiero y tú a mí.

Si bonito es el amor
entre caballero y dama,
más tierno aún lo es
entre canario y rana.

Un saúdo de Escriman, un bo amigo escritor de Leo.

6/2/08

ANTROIDO "INTERCULTURAL"

Como podedes ver na seguinte presentación, cos disfraces de antroido deste ano comezan as actividades do proxecto sobre a interculturalidade da biblioteca: "¿Somos diferentes?".
Se mirades ben, atoparedes exipcios/as, mexicanos/as, chinos/as, esquimós, indios/as e vaqueiros/as, zíngaras, hawainas/os, árabes... todas e todos disfrutando por igual.